Os socios
O único requisito para ser membro da AFG é ter un monte dentro do territorio de Galicia. De acordo coa nosa tipoloxía da propiedade, na AFG participan propietarios forestais de montes particulares e comunidades de montes veciñais en man común cos mesmos dereitos e igual representación nos órganos de goberno. Os
propietarios de montes particulares están representados
na Asociación con terreos de moi diverso tamaño,
de 2 a máis de 1.000 ha, e agrupan unha superficie
forestal superior a 35.000 ha dos bosques máis
productivos de Europa. Os montes de piñeiro do
país, de eucalipto, de piñeiro insigne,
de carballo e de castiñeiro son os máis
frecuentes entre os socios da AFG, e a madeira constitúe
o principal recurso nestes montes. As comunidades de montes veciñais en mancomún asociadas na AFG agrupan 55.000 hectáreas de monte. Forman parte destas comunidades de montes máis de 25.000 veciños comuneiros. Algunhas destas comunidades realizan actividades económicas distintas á forestal como pode se-la mineira (granito e lousa), a explotación de enerxía eólica, hostalería (cámpings, áreas recreativas) ou gandería en réxime extensivo. O tamaño da propiedade varía entre 25 e 1.600 hectáreas. A AFG ten socios repartidos no 70% dos concellos de Galicia, cunha presencia moi activa naqueles máis forestais. |