O equipo técnico e administrativo da AFG ocúpase de prestarlle aos silvicultores apoio e asistencia técnica en todas aquelas cuestións relacionadas co monte e a propiedade. Entre os servizos máis demandados polos socios pódense destacar:
Asesoramento e asistencia técnica en materia forestal.
Xestión de montes veciñais e de montes particulares.
Asesoramento en procedementos xurídicos e administrativos no ámbito forestal.
Asesoramento en fiscalidade forestal.
Organización de poxas.
Realización de informes técnicos e peritacións.
Tramitación de axudas públicas.
Asistencia técnica para a constitución de agrupacións forestais.
A AFG acumula unha ampla experiencia en repoboación forestal e no manexo de montes. Máis de 15.000 ha de novos montes foron creadas co apoio da Asociación. O equipo técnico participa activamente en proxectos de investigación e cooperación nacionais e internacionais coa finalidade de trasladar ao monte as principais innovacións en materia de silvicultura. Toda esta experiencia permítelle á AFG dispoñer dos seus propios modelos de silvicultura e métodos de repoboación que garanten o éxito dos investimentos no monte.
Valoración de madeira
Un dos servizos que maior acollida ten entre os socios é o de valoración de madeira. O informe que se lle entrega ao propietario permítelle coñecer a cantidade e calidade da madeira que vai vender e tamén o seu valor no mercado.
Certificación forestal PEFC
A AFG ofrece a súa asistencia técnica para conseguir o certificado de xestión forestal sostible segundo o sistema PEFC que posibilita a venda de madeira e produtos forestais certificados en todos os mercados.