De acordo coa demanda xeneralizada dos membros da AFG, a finais do ano 2002 a AFG, co apoio do proxecto Eurosilvasur, creou a empresa de servicios selga, compañíagalega de silvicultores, s.l., dedicada á realización de traballos e á prestación de servizos aos socios. A empresa SELGA, propiedade de todos os socios da AFG ten unha dedicación moi especial ao comercio da madeira e ao desenvolvemento de enerxías renovables asociadas ao monte.
A través de SELGA, os membros da AFG poden dispoñer de múltiples servizos para asegurar unha boa xestión do monte.
Unidades de SELGA
Enxeñería forestal e xestión de montes
- Elaboración de proxectos de ordenación, plans técnicos, proxectos de repoboación, de infraestructuras e de tratamentos silvícolas
- Realización de repoboacións, execución de tratamentos silvícolas, podas...
- Planificación e dirección técnica das actuacións nos montes dos socios da AFG mediante contratos de xestión de montes
Enerxías renovables
- Organización da colleita de biomasa forestal e desenvolvemento de instalacións para a transformación da biomasa en enerxía
- Asesoramento para o desenvolvemento de parques eólicos de carácter privado
- Fomento da utilización da enerxía fotovoltaica entre os propietarios forestais
Comercialización de madeira Un centro de operacións dedicado a conseguir o mellor prezo para o propietario forestal que vende madeira. Ademáis, Selga ofrécelle ós socios da AFG os seguintes servizos dentro desta unidade:
- Organiza poxas de madeira
- Facilita información actualizada e no momento sobre os prezos da madeira en Galicia e nos principias mercados europeos
- Elabora contratos de compra-venda
- Asesora sobre calquera operación de venda
- Pode actuar como axente exportador de madeira
Contactos
Enxeñería forestal e xestión de montes
- Julio Ruiz Cagigal. Tel.: 618 752 215 / 986 660 864
- Braulio Molina Martínez. Tel.: 659 984 406
- Enrique García Martínez. Tel.: 618 752 223
- Beatriz Fernández Filgueira. Tel.: 618 752 219 / 986 660 864
Enerxías renovables
- Francisco Dans del Valle. Tel.: 981 564 011
Comercialización de madeira
- Xosé Covelo Míguez. Tel.: 618 752 218 / 986 660 864
Inicio |