A ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA (en adiante, AFG) é unha Asociación privada sen ánimo de lucro, creada en Santiago de Compostela en 1986. Agrupa a propietarios forestais particulares e comunidades de montes en man común de Galicia.
Fins da AFG
Agrupar aos propietarios e titulares de predios forestais en Galicia.
Representar aos seus membros ante as administracións, entidades, corporacións e institucións nacionais e internacionais, do ámbito forestal.
Contribuír á elaboración de políticas forestais acordes cos intereses dos silvicultores galegos.
Mellorar en Galicia a produción forestal en cantidade e calidade, incrementando a rendibilidade dos montes.
Asegurarlles aos seus socios información, asesoramento e asistencia técnica no ámbito silvícola.
Informar á Administración sobre a lexislación que puidera afectar á propiedade forestal, á práctica da silvicultura e, en xeral, aos montes galegos e aos produtos forestais.
Apoiar e impulsar a investigación forestal e proponer liñas e proxectos de investigación que respondan ás necesidades dos silvicultores galegos.
Fomentar as iniciativas e suxerir propostas que melloren a estrutura da propiedade forestal en Galicia dirixidas a conseguir unidades de explotación tecnicamente axeitadas.
Divulgar e fomentar os coñecementos e as técnicas dirixidas a conseguir unha xestión sostible dos recursos forestais en Galicia.
Desenvolver labores de formación que contribúan a incrementar os coñecementos e a capacidade de xestión no ámbito forestal.
Promover iniciativas que contribúan a aumentar o valor engadido dos bens, produtos e recursos xerados nos montes galegos.
Desevolver todas aquelas actividades compatibles cos fins mencionados, os estatutos e a lexislación vixente.
Os beneficios que obteña a AFG por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os socios nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativa.