O órgano soberano da AFG é a Asemblea Xeral formada por todos os membros da Asociación.
O órgano executivo é a Xunta de Goberno formada exclusivamente por propietarios forestais e representantes das xuntas rectoras dos montes veciñais. Os cargos elíxense cada catro anos entre os socios. A Xunta de Goberno está composta polo presidente, tres vicepresidentes: de montes particulares, de montes veciñais e de relacións institucionais, e oito vocais, catro representan os montes particulares e catro os montes veciñais en mancomún.
A escala comarcal, e para unha mellor xestión da Asociación, existen os consellos de comunidades de montes e os consellos de silvicultores, constituídos por delegados que representan localmente os dous grandes colectivos da propiedade forestal galega.
A Asemblea Xeral reúnese unha vez ó ano nun lugar distinto de Galicia. Este acto constitúe un verdadeiro encontro dos silvicultores galegos que celebran un día en común analizando temas forestais e visitando montes e experiencias de interese.
Presidente: Francisco Javier Fernández de Ana Magán
Vicepresidente de Relacións Institucionais: Antonio Rigueiro Rodríguez
Vicepresidente de Montes Particulares: Juan Ramón Gallástegui Otero
Vicepresidente de Montes Veciñais: Carlos Hermida García
Vogais de Montes Particulares:
Rogelio Pesqueira Sánchez
José Luis Solloso Tiagonce
Vogais de Montes Veciñais
Manuel Varela Gómez
Jesús Mosquera Puentes
|