Se non está rexistrado ¿Como se rexistrar?
Para acceder ó contido completo do portal, os socios deben estar rexistrados. O rexistro pódese facer poñéndose en contacto coa oficina central de Asociación Forestal de Galicia (oficinas) ou ben recheando un formulario de alta no portal (formulario para os socios da AFG).
En pouco tempo recibirá no seu correo electrónico o nome de usuario e a contrasinal necesaria para acceder a tódolos servicios da web.
¿Cómo poido cambiar a chave de acceso?
O mesmo formulario que se utiliza para darse de alta, pode utilizarse para modificar a contrasinal. formulario para os socios da AFG.
Se está rexistrado ¿Cómo entrar?
Unha vez rexistrados, acceder a tódala información é sinxelo, basta con encher os cadriños que se amosan no panel esquerdo do portal baixo o epígrafe "Socios". Debe escribir o nome de usuario e a contrasinal que lle foi proporcionada pola asociación nos cadros correspondentes e premer no botón que se amosa baixo eles.

A mensaxe que antes dicía "Invitado" agora porá "Socio autentificado" e como tal xa pode explorar tódolo portal.
