Asociación Forestal de Galicia          

 

 

O MONTE.
Revista da Asociación Forestal de Galicia.

Ano XXIX  60  3º Trimestre 2016

EN PORTADA

 
- Compatibilidade dos usos social e forestal nos montes veciñais
- Juan José Villarino Urtiaga 1942-2016, in memoriam
- Medidas de política forestal galega
- Eucaliptos de interese forestal en Galicia

 

revista
 
 

Noticia forestal

A Asociación Forestal de Galicia, en colaboración con FSC Internacional, organiza entre o 11 e o 15 de marzo un curso dirixido a xestores forestais, tanto propietarios coma técnicos. A actividade formativa, que inclúe conferencias, sesións prácticas e visitas de campo, busca mellorar os coñecementos dos participantes no manexo do monte.

O curso enmárcase no proxecto Forest-IN, impulsado por entidades de España, Francia e Portugal para impulsar a educación forestal. A asistencia ó curso é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente enviando un correo a afg@asociacionforestal.org ou chamando ao teléfono 981 564 011.

A actividade formativa inclúe tanto conferencias como visitas ó monte. Os relatorios e clases prácticas desenvolveranse en Santiago (Museo das Peregrinacións, praza das Praterías), e están previstas visitas a zonas de concentración parcelaria de Oroso e Curtis, ó monte demostrativo do Pico Sacro (Boqueixón) e ó Parque Natural das Fragas do Eume.

O curso, no que participarán propietarios e técnicos de Galicia, do resto de España, de Portugal e de Francia, abordará diversas cuestións de interese forestal, como o silvopastoreo, o Banco de Terras, a concentración parcelaria, a certificación forestal, as plantas medicinais ou a xestión práctica de unidades forestais.

Sobre o proxecto Forest-IN
Forest-IN é unha alianza estratéxica para a educación forestal participada pola Universidade de Aveiro (Portugal), a Fundación Cesefor (España), PEFC España, FSC Internacional, Unimadeiras (Portugal), a Asociación Forestal de Galicia e a Asociación Bosque Modelo da Provenza (Francia).

Programa

 
 
Agenda AFG
 







Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es