Desde a súa creación no ano 1986, a AFG dedica boa parte da súa actividade a tarefas de formación dirixidas a propietarios forestais e a membros de comunidades de montes. Temas como a silvicultura dos piñeiros e das frondosas, a fiscalidade forestal, a certificación forestal, ou as pragas e doenzas foron obxecto de máis de 200 cursos monográficos impartidos en toda a xeografía galega.
A organización de congresos e foros forestais é outra das tarefas nas que a Asociación pon unha especial atención, entre outros pódense destacar os seguintes:
Xornadas europeas Estratexias para a protección e mellora dos recursos forestais. Pazo de Mariñán, 4, 5 e 6 de maio de 1989.
Curso Internacional de Economía Política Forestal. Santiago de Compostela, do 15 ó 19 de outubro de 1990.
Seminario Internacional de Forestación de Terras Agrarias. Ourense e Bragança, 13, 14 e 15 de outubro de 1994.
I Congreso Galego de Montes Veciñais. Mondariz-Balneario 14, 15 e 16 de decembro de 1995.
Xornadas de debate sobre o Réxime Fiscal das Comunidades de Montes Veciñais. Mondoñedo, Silleda e Ponteareas, abril de 2002.
Seminario de Financiación da Silvicultura. Castelo de Soutomaior, 12 de setembro de 2002.
Xornadas Internacionais Montes e Enerxías Renovables, nas que se debateu o papel dos propietarios forestais no desenvolvemento das enerxías renovables. Santiago de Compostela, 14 e 15 de novembro de 2002.
Xornadas Internacionais sobre Fiscalidade e Financiación de Montes. Vigo, 14 e 15 de abril de 2005.