1984 |
Un equipo
de expertos formado por técnicos e propietarios
forestais realiza un estudio sobre o asociacionismo
forestal en Galicia e en Europa. O mesmo equipo de expertos
promove un modelo de agrupación de montes para
propietarios forestais. |
|
1985 |
Propietarios forestais
reúnense en varias zonas de Galicia. Visita a
organizacións de silvicultores no País
Vasco, Aquitania e Escandinavia. |
1986 |
En maio de 1986
constitúese a Asociación Forestal de Galicia
na que participan propietarios forestais particulares
e comunidades de montes veciñais. O acto celébrase
na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade
de Santiago de Compostela. |
1988 |
O equipo da AFG promove
as primeiras agrupacións de propietarios de montes
en Galicia como modelo de xestión forestal asociada
para superar os problemas de minifundismo. |
1989 |
Créase en Bordeos
a Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE).
A AFG é membro fundador, xunto coa Confederación
de Forestalistas do País Vasco e o Sindicato
de Silvicultores de Aquitania. |
1990 |
Un equipo de estudios
da AFG elabora un informe técnico para a creación
do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais en
Galicia, que se constituíu ese mesmo ano.
|
1991 |
Inaugúrase
en Xinzo-Ponteareas a segunda oficina da AFG, dedicada
exclusivamente ás comunidades de montes veciñais. |
1992 |
Un equipo de expertos
vencellados á AFG elabora, por encargo da Consellería
de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de
Galicia, o Plan Forestal de Galicia. Este plan é aprobado
polo Parlamento de Galicia en 1993. |
1993 |
Créase en Madrid
a Confederación de Organizaciones de Selvicultores
de España (COSE). A AFG é socio fundador
e ocupa unha vicepresidencia. |
1994 |
Primeiros estudios
sobre a fiscalidade forestal dentro do proxecto Compostela–Bosques. |
1996 |
A AFG participa
na elaboración da Estratexia Forestal Española. |
1998 |
Constitúese
en Bruxelas o Comité Consultivo Forestal da Unión
Europea. A AFG é, a través da COSE, membro
do comité. |
1999 |
COSE promove a constitución
da Asociación para a Certificación Forestal
Española, integrada no Sistema PEFC de Certificación
Forestal. A AFG participa como socio fundador. |
2000 |
Apróbase un
réxime fiscal específico do IRPF para
as vendas de madeira dos propietarios forestais de acordo
coa proposta de reforma fiscal defendida por AFG-COSE
e aceptada polo Ministerio de Economía e Facenda. |
2002 |
A AFG crea a empresa
de servicios forestais SELGA, COMPAÑÍA
GALEGA DE SILVICULTORES, SL, dentro do marco do Proxecto
Eurosilvasur, dirixida a prestarlle servicios ós
socios da AFG. O equipo de estudios da AFG en colaboración
con COSE participa activamente na elaboración
do proxecto da nova Lei de Montes. |
2003 |
A AFG participa na
constitución da Asociación Galega Promotora
da Certificación Forestal co obxectivo de desenvolver
a certificación da xestión forestal sostible
en Galicia. |
2004 |
A AFG participa na constitución do Ente Solicitante de Certificación Forestal PEFC de Galicia. |