PRESENTACIÓN
Entre os servizos que ofrece a AFG aos seus socios está o da consulta e préstamo de libros, revistas e informes específicos sobre temática forestal. Para facilitar e extender este servizo, procedeuse á catalogación e recensión das obras existentes na AFG desde a súa constitución no ano 1985. Este labor completouse co deseño dun servizo de búsqueda mediante o que os interesados poden coñecer os títulos, autores e contido temático de cada unha das publicacións existentes na biblioteca. Esta información estará permanentemente actualizada.
A biblioteca na web é outro dos servizos dos que disfrutan os socios da AFG. No apartado “Búsqueda” non se atopará o documento na súa totalidade, senon unha reseña do seu contido e a signatura coa que foi clasificado. Con estes datos o usuario pode solicitar a publicación á AFG ben por teléfono, correo electrónico ou achegándose á biblioteca da sede central de Santiago.
Os fondos da biblioteca fórmanse mediante compras, cos traballos propios da AFG, doazóns dos seus socios ou cambios con outras institucións forestais, tanto públicas como privadas. A AFG está aberta a calquera suxerencia por parte dos seus socios sobre a conveniencia de completar o catálogo con obras que sexan do seu interese.
A ordenación e clasificación dos fondos bibliográficos e de publicacións periódicas, así como a súa inclusión na web levouse a cabo grazas ao Convenio de Colaboración asinado entre a AFG e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Así, dispúxose dun experto bibliotecario para que procedese á catalogación e ao valeirado das publicacións existentes seguindo as normas bibliográficas internacionais.
Presentación
FONDOS E CLASIFICACIÓN
Os fondos bibliográficos da AFG foron clasificados nas seguintes categorías:
Libros Agrúpanse nesta categoría os adquiridos pola AFG mediante compra, doazón ou intercambio científico con outras bibliotecas forestais.
Este fondo está formado por todas aquelas publicacións que están recoñecidas como tales, é decir, con depósito legal e ISBN. Tamén están incorporados a este fondo aqueles estudos que, pola súa relevancia temática, poden ser susceptibles de ser solicitados polos usuarios da biblioteca; é o caso de teses e tesiñas inéditas, tanto de universidades españolas como europeas, ou traballos elaborados por expertos forestais.
Estas publicacións distribúense na biblioteca atendendo a unha división propia en dezaoito materias, que abranguen temas forestais que interesa ao silvicultor así como ciencias afíns. Cada unha destas materias está provista dun símbolo para poder ser identificada na etiqueta de cada publicación. A relación de materias é a seguinte:
MATERIAS |
SÍMBOLO
|
Botánica / Ecoloxía / Xenética Forestal /Incendios |
BE |
Edafoloxía |
ED |
Explotación Forestal |
EF |
Fauna Cinexética |
FC |
Historia Forestal |
HF |
Investigación / Formación |
IF |
Lexislación / Fiscalidade Forestal |
LF |
Madeira e Industria Forestal |
MAD |
Micoloxía |
MIC |
Patoloxía Forestal |
PEF |
Política Forestal |
PF |
Selvicultura/Repoboacións |
SR |
Xestión Forestal: Ordenación, Planificación, Dendroloxía, Valoración de Madeira, Estatística Forestal |
GF |
Viaxes técnicas forestais |
VTF |
Agricultura/Gandeiría |
AG |
Audiovisual |
AV |
Economía/Socioloxía/Laboral |
EC |
Obras de Referencia |
OR |
Revistas
As publicacións periódicas son un dos fondos máis interesantes entre os existentes na biblioteca da A.F.G. Na actualidade foron censados un total de 187 títulos, de temática estrictamente forestal uns, e outros de ciencias afíns a ela. A súa procedencia é variada, sendo o intercambio científico con outras asociacións e institucións o medio principal polo que se nutre este fondo.
A división deste fondo estableceuse en dez materias cos correspondentes símbolos:
MATERIAS |
SÍMBOLO |
Asociacións de Propietarios Forestais |
AF |
Botánica/Ecoloxía/Xenética Forestal/Medio Ambiente/Incendios |
BE |
Enerxías Renovables / Biomasa |
ER |
Explotación Forestal/ Empresas de servicios forestais/Viveiros |
EF |
Industria transformadora da madeira/Organizacións industriais/Investigación da madeira |
MAD |
Investigación / Formación |
IF |
Revistas forestais/Silvicultura/Repoboación |
FOR |
Agricultura / Gandeiría |
AG |
Economía /Socioloxía / Laboral /Política / Humanidades |
EC |
Revistas locais |
LOC |
Informes Técnicos
Trátase de traballos realizados polo equipo técnico da A.F.G. ou por expertos doutras asociacións e institucións forestais que, por mor do intercambio científico ao que anteriomente aludiamos, pasaron a engrosar a nosa biblioteca. A clasificación que seguen é a mesma que o fondo de libros, só será apreciable o cambio na signatura.
Presentación
BÚSQUEDA DUNHA PUBLICACIÓN NOS FONDOS DA BIBLIOTECA DA AFG
O usuario pode realizar a búsqueda dunha publicación da biblioteca da AFG utilizando as seguintes alternativas:
AUTOR: |
Cubrindo os recadros cos apelidos e o nome, por esta orde, de calquera dosautores da publicación. |
TITULO: |
Escribindo o título do libro no recadro. |
EDITOR: |
Escribindo o nome do editor ou da institución responsable da publicación. |
PALABRAS: |
Escribindo palabras clave relacionadas co tema do que quere obter referencias bibliográficas. |
Buscar Libros
Horario
O préstamo de libros, revistas e informes, así como a consulta directa destas obras poderá realizarse na biblioteca existente na sede central da AFG en Santiago de Compostela rúa do Vilar, nº 33, 1º en horario normal de oficina, mañás: 9:00-14:00 e tardes: 16:00-19:00.
Presentación |