Danos en plantacións de Eucalyptus nitens
Francisco J. Fernández de Ana Magán Investigador-xefe da sección de fitopatoloxía do CIFA de Lourizán
|
Eucalyptus nitens é unha das especies forestais máis empregadas en zonas do interior de Galicia onde Eucalyptus globulus non resiste o frío.
No Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de Lourizán detectouse recentemente a presenza en plantacións de Eucalyptus nitens de danos provocados por un fungo do xénero Rhyzotonia.
No verán detectáronse secas repentinas nunha plantación feita no mes de marzo. A planta afectada comezou por presentar un murchamento foliar propio dunha seca. No sistema radical obsérvase unha perda de raíces por necrosamento e podremia das mesmas.
|