Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 47

Pasado agosto



Francisco J. Fernández de Ana Magán
Presidente AFG

Pasado agosto os silvicultores galegos despertamos dun mal soño que nos afogaba o corazón ao longo de dez días; neses poucos días perdemos baixo as lapas anos de traballos e ilusións depositadas en criar unha riqueza básica para este país. Chegadas as chuvias a erosión na terra espida completou o desastre e entón algo ficou ben demostrado “Os silvicultores co noso traballo somos os verdadeiros defensores do medio natural galego”.

Escoitando aos socios da AFG podo suliñar o seu desconcerto diante de tanta barbarie inxustificada, a súa desmoralización pola perda económica e medioambiental sufrida, a impotencia pola falla de recursos para encertar de novo o camiño e fundamentalmente a perda de vidas e de tempo que xa son irrecuperables. Aínda así somos teimudos e tentaremos de novo acadar a meta que xa nos tiñamos proposto anos atrás: servir a este país desde o noso mundo forestal o mellor que saibamos, aproveitando que trala catástrofe ten que producirse o cambio (a catarse) que nos leve a mellorar as infraestruturas, as técnicas e as metas a acadar.

Ao longo dos meses de outono e inverno a nosa asociación mantivo unha forte actividade aguilloada polas circustancias xa mentadas e as demandas dos nosos socios que requiren un forte apoio da administración para que aporte os recursos cos que solventar a situación catastrófica na que están as áreas máis afectadas.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es