Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 47

Resultados da enquisa da AFG sobre os incendios forestais de 2006 ás comunidades de montes






O pasado verán, de acordo coa petición de moitas comunidades de montes, a Asociación Forestal de Galicia decidiu facer unha avaliación dos danos dos incendios que asolaban os montes.

Recabouse información directa das xuntas rectoras, para ter en pouco tempo unha idea aproximada da magnitude dos danos e, ao mesmo tempo, tratar de obter información sobre causas do incendio, actuacións das comunidades e dos servizos de extinción, ou sobre calquera outro acontecemento ou incidencia que tivera vencello co lume.
br> Nas comunidades afectadas polos incendios ardeu o 56% do monte veciñal, ao redor dunhas 5.161 ha de monte arborizado que supuxeron unhas perdas de aproximadamente 26.504.957 euros.

A especie máis afectada polo lume na mostra foi Pinus pinaster, que representa o 53% da superficie arborizada afectada, o que significa unhas perdas de 16.322.182 euros, o 62% das perdas totais.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es