As principais organizacións do sector forestal galego asinaron un Acordo Forestal coa Consellería do Medio Rural
|
A Asociación Forestal de Galicia participou moi activamente na redacción do Acordo Forestal, velando por que se recolleran os intereses dos propietarios forestais. Finalmente éste foi asinado o 25 de setembro de 2006 por unha parte das organizacións agrupadas na Mesa da Madeira de Galicia, do que se resumen a continuación os puntos principais:
O obxectivo principal do Acordo Forestal é prestar apoio aos propietarios forestais, principais damnificados polos incendios do verán de 2006, mediante a instrumentalización das medidas necesarias para o aproveitamento da madeira queimada, e para a posterior recuperación e valorización dos montes e zonas arborizadas afectadas.
No Acordo Forestal, a Consellería do Medio Rural comprométese a establecer nas medidas de fomento prioridades cara a recuperación e rexeneración dos montes e das superficies arborizadas afectadas polo lume. A CMR comprometése tamén a que estas liñas de axuda estén operativas nun prazo máximo de 6 meses a partir da sinatura do Acordo.
|