Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 47

Risco de incendios e xestión do territorio



José Pérez Vilariño
Catedrático de Socioloxía, Universidade de Santiago de Compostela.

O monte, de sempre, ademais de madeira, pastos ou froitos silvestres brindou unha diversidade de servizos que o vencellaban á trama social, económica e cultural das comunidades rurais. Na cultura tradicional, o lume constituía unha importante ferramenta na xestión do monte e dos espazos agrícolas. Coa crecente diversidade e confusión de usos do monte, o lume pode deixar de ser un aliado, se non é xestionado correctamente. O feito de que en dúas semanas de agosto de 2006 arderan máis de setenta mil hectáreas –chegando a xenerar unha verdadeira alarma social-, pon de manifesto un problema grave na xestión do risco de incendio forestal. Os numerosos lumes, en xeral pequenos, que adoitaban producirse na zona máis poboada do suroeste de Galicia (as Rías Baixas) este verán alcanzaron un carácter de incendios, superando aos que tradicionalmente se viñan producindo no interior da Comunidade.

Aínda que a búsqueda do incendiario foi unha das preocupacións centrais deste verán, a estrutura do risco de incendio non debe buscarse nunha trama de incendiarios, senón nunha serie de factores que constrúen en Galicia un fenómeno social grave. Ese fenómeno social é a combinación, por un lado, dun profundo proceso de desertización rural e, por outro, dunha brusca concentración da poboación no contorno das cidades. Nos grandes espazos abandonados do interior, en termos comparados, non se viñan producindo demasiados lumes, pero sí grandes incendios. Polo contrario, nas zonas periurbanas, un uso desordenado e conflitivo dos espazos abandonados pola agricultura, dá lugar a un número crecente de lumes ou conatos de incendio que, só se se lles permite alcanzar os montes periurbanos, se transforman en verdadeiros incendios, afectando ás vivendas e instalacións periurbanas. De ahí que o modelo de organización e o tempo de resposta dos servizos de extinción resultan claves.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es