Movementos na industria forestal
Manuel Pazos Lamoso Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga
|
A empresa galega Finsa, dedicada principalmente á produción de taboleiros, ven de adquirir no ano 2005 tres novas fábricas de taboleiros
en Portugal e Francia.
O grupo industrial galego comprou no mes de xuño a totalidade de Industrias Jomar-Madeiras e Derivados, S.A. que produce taboleiros de partículas, taboleiros contrachapados e un taboleiro especial con fibras na superficie e partículas no interior. Esta empresa portuguesa foi creada en 1934 en São Roque da Lameira, Porto, cun serradoiro
e produción de contrachapado.
A outra adquisición, realizada a finais de ano 2005 foron dúas plantas dedicadas á produción de taboleiros de fibras e de partículas pertencentes ao grupo americano Weyerhaeuser na rexión francesa de Aquitania, situada no suroeste francés, preto da fronteira con España. O grupo Weyerhaeuser foi creado no ano 1900 e ten presenza comercial en 19 países con clientes entodo o mundo.
A empresa Finsa creada en Santiago de Compostela en 1931 conta cunha importante presenza en Galicia, onde dispón de fábricas de taboleiros en Santiago, Rábade (Lugo), Ourense e Cesures (Pontevedra), así como industrias relacionadas coa madeira en Padrón e Mondoñedo. A empresa conta na actualiade con 10 factorías.
A día de hoxe Uruguai conta con máis de 500.00 ha de plantacións de Eucalyptus globulus con capacidade para producir 2,5 millóns de toneladas de pasta de celulosa. Nas proximidades da fábrica de Ence estase instalando outra pasteira da empresa forestal finlandesa Botnia, con capacidade para producir 1 millón de m3 de pasta
|