Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 46

O mercado da madeira



Manuel Pazos Lamoso
Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga

Nos últimos meses de 2005 levouse a cabo no sector do transporte por estrada unha folga nacional para reclamar unha suba de tarifas que lles permitise asumir a continua suba do prezo do gasóleo. Esta situación acabou desembocando nunha folga temporal de subministro de madeira de eucalipto á fábrica de Ence en Navia.

Finalmente existiu acordo entre a empresa pasteira e os transportistas que supuxo a suba nos portes do 11,5% aplicable desde o mes de outubro de 2005 e válida ata xuño de 2006. Esta suba da orde de 1 €/t aplicarase para os custos de transporte da madeira, co cal non se fará notar no prezo da madeira en pé.

O sector dos rematantes de madeira, que tamén viu mermado as súas marxes de negocio nos últimos anos debido á continua baixada do prezo do eucalipto e ao aumento dos custos de explotación, reclamaba, ao igual ca os transportes, unha subida dos prezos de ata un 24% no eucalipto. No entanto, tras a reunión que tiveron os representantes dos rematantes e a empresa Norfor, non parece probable que a curto ou medio prazo se produza a imprescindible suba do prezo da madeira.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es