Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 46

Rematou con éxito o programa de formación outono 2005 da AFG






O programa de formación da AFG para o outono 2005, cofinanciado pola Consellería do Medio Rural finalizou con éxito o pasado 19 de novembro.

O programa constaba de seminarios técnicos, cursos de formación e viaxes técnicas nas que participaron un total de 522 propietarios forestais.

Entre outubro e novembro de 2005 tiveron lugar tres cursos de formación sobre silvicultura de frondosas para a produción de madeira de calidade nas Pontes de García Rodríguez, Boimorto e Oza dos Ríos. Tamén se organizaron cinco seminarios técnicos, en tres deles abordouse o tema do mercado e a comercialización da madeira (Pontereas, Valdoviño e Viveiro), noutro a poda forestal (Negreira) e no quinto a fiscalidade e xestión de montes veciñais en man común (Foz).

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es