Primeiro Seminario Internacional do proxecto ENERSILVA
Julio Ruiz Cagigal Enxeñeiro da AFG
|
Co título “A Biomasa Forestal, Enerxía e Desenvolvemento Rural” celebrouse o pasado 14 de decembro na Universidade Católica de Porto (Foz, Portugal) o primeiro Seminario Internacional do proxecto ENERSILVA.
Este Seminario de carácter formativo, de difusión de coñecementos e de análise de diferentes situacións de utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, foi organizado pola Asociación Forestal de Galicia, Forestis-Asociación Forestal de Portugal e o Centro de Biomasa para a Enerxía de Portugal (CBE).
Precedendo á sesión públicado Seminario tivo lugar unha reunión de especialistas en biomasa forestal e enerxías renovables na que se pudieron compartir distintas experiencias na utilización da biomasa forestal en España e en Portugal.
Aitor Rentería da empresa Foreslan Energía S.L. subliñou a necesidade de impulsar actuacións que fomenten a implicación entre subministradores de biomasa e xeradores de enerxía que permitan garantir o subministro a uns prezos estables evitando a especulación co recurso.
Paulo Santos da empresa Sobioen explicou a experiencia dunha empresa loxística dedicada á recolección, tratamento da biomasa e subministro de estela a unha planta cementeira. O modelo estratéxico da empresa está baseado en manter unhas relacións privilexiadas cos propietarios de montes, coa Asociación que os representa e tamén coa empresa consumidora. Prevé futuros estrangulamentos debido á alta demanda de biomasa e por isto se están introducindo na produción de biomasa a partir de cultivos enerxéticos.
|