Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 46

Un ano de traballo da Xunta de Goberno da AFG






Neste camiño andivemos na procura dunha maior colaboración cos diferentes protagonistas do sector ou cadea forestal, tanto na actividade silvícola como na da industria transformadora dos seus produtos; ainda que non sempre foi feliz o noso achegamento, consideramos que esta colaboración dará a curto prazo unha maior consistencia ao sector e con ela unha maior viabilidade ás melloras que vimos propoñendo; soamente traballando xuntos conqueriremos fortalecer un dos principais alicerces da economia galega, como é o sector forestal.

Preocupados pola situación fiscal viaxamos a comezos de 2005 a Madrid ao Ministerio de Facenda, onde presentamos as nosas demandas ao Director Xeral de Tributos a quen conseguimos interesar na temática forestal coas súas peculiaridades; ao mesmo tempo logramos traer representantes deste Ministerio a debater en Vigo estes asuntos nas Xornadas Internacionais de Fiscalidade e Financiación de Montes. Esperamos aínda a súa resposta oficial ás nosas demandas.

No pasado verán produciuse o cambio de Goberno da Xunta de Galicia ao mesmo tempo que o monte ardía por todas partes; a nosa primeira misión foi ofertar axuda e apoio aos novos gobernantes coa vontade de remar todos na mesma dirección; con esta intención visitamos aos novos conselleiros do Medio Rural e de Industria e Innovación completando as áreas nas que a nosa actividade ten unha maior incidencia. Un documento coas nosas ideas sobre política forestal foi presentado a estes conselleiros que o recibiron de bo agrado.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es