Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 45

Presentación das Guías de tratamentos silvícolas para a produción de madeira

O pasado 20 de maio presentáronse na Escola Politécnica Superior de Lugo as Guías de tratamentos silvícolas para a produción de madeira que a Asociación Forestal de Galicia editou co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.




O acto de presentación, ao que acudiron 200 persoas, foi presidido polo Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, José Manuel Barreiro Fernández. No acto interviñeron o Presidente da AFG, Francisco J. Fernández de Ana Magán, o Director da Escola Politécnica, Xoan Carlos Carreira Pérez e o Vicerrector do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre. O Vicepresidente da AFG e catedrático de Produción Vexetal da Universidade de Santiago, Antonio Rigueiro Rodríguez, fixo unha semblanza dos autores principais das guías, Fernando Molina Rodríguez, presidente de honor da AFG e Juan José Villarino Urtiaga profesor de Silvicultura da Escola Politécnica Superior de Lugo.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es