Bélxica. A lei sobre as agrupacións forestais
No ano 1999 promulgouse en Bélxica unha lei para promover a creación de sociedades civís de agrupacións forestais. O fin desta lei é favorecer a agrupación de parcelas forestais para asegurar unha mellor xestión pero, sobre todo, para evitar a división da
Alain Jamar de Bolsée Administrador da Sociedade Real Forestal de Bélxica
|
Esta lei concédelle un estatuto de “agrupacións forestais” a unha sociedade civil escollida entre as diferentes formas de sociedades comerciais existentes como a sociedade persoal de responsabilidade limitada, a cooperativa con responsabilidade limitada e a sociedade anónima.
A lei de 1999 instaura un réxime de transparencia fiscal no sentido de que os asociados continúan contribuíndo como se fosen persoas físicas. Desta maneira as ganancias da agrupación son atribuídas aos accionistas que quedaran baixo a tributación das persoas físicas como se a sociedade non existise. Os accionistas continúan pagando o Précompte immobilier (similar ao Imposto sobre Bens Inmobles) proporcionalmente ás súas aportacións en terreo e non tributan polas contas anuais da sociedade.
A agrupación forestal toma a forma dunha sociedade comercial mais permanece como sociedade civil con vistas, por exemplo, a escapar á lei sobre as quebras.
|