A Asociación Forestal de Galicia celebra a súa XIX Asemblea Xeral anual en Antas de Ulla (Lugo)
|
A Asociación Forestal de Galicia celebrou o sábado 25 de xuño na Casa de Cultura de Antas de Ulla a súa XIX Asemblea Xeral anual á que acudiron propietarios de montes e membros de comunidades de montes veciñais en man común de toda Galicia.
A apertura da Asemblea correu a cargo do alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela Pérez ás 10,30 horas, quen amosou a súa satisfacción pola elección de Antas como lugar de celebración da Asemblea.
O Presidente da AFG interviu a continuación do Alcalde agradecendo a acollida do concello de Antas, o seu apoio na organización desta Asemblea, e resaltando os valores culturais e forestais da comarca da Ulloa. Citou os antecedentes da Ulloa na nosa literatura, valores gastronómicos como o pan, o queixo e os espárragos da Ulloa. No eido forestal mencionou as posibilidades de desenvolvemento da produción de madeira de frondosas de alto valor dadas as boas condicións dos terreos forestais desta comarca.
Na primeira parte da Asemblea o responsábel económico da AFG, Daniel Rodríguez presentou os resultados económicos correspondentes ao ano 2004, ben como o orzamento para o ano 2005, ambos foron aprobados por unanimidade. |