A adaptación da fiscalidade á actualidade das comunidades de montes
Daniel Rodríguez Cebreiro Director Económico da AFG
|
Coa modificación da situación fiscal das comunidades de montes no ano 1999 intentouse, por parte do lexislador, aclarar a morea de dúbidas que lles xurdían tanto aos directivos das comunidades de montes como á propia Administración en relación á tributación das mesmas.
A Asociación Forestal de Galicia participou na comisión de estudo desa modificación e se ben foi aceptada algunha das súas propostas (por exemplo, a inclusión como deducíbeis dos gastos sociais) houbo outras non consideradas. Unha vez aplicada a nova lexislación, estívose analizando a repercusión da mesma no desenvolvemento da actividade das comunidades de montes, tal e como se comprometeu a Asociación Forestal no ano 1999.
Cunha experiencia suficiente para analizar os problemas presentados (en concreto seis exercicios fiscais). A AFG propúxolle á Dirección Xeral de Tributos do Ministerio de Economía e Facenda unha serie de melloras. |