Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 44

Planificación da xestión forestal



Beatriz Fernández Filgueira
Exeñeira de Montes da AFG

A planificación forestal é unha ferramenta de apoio aos propietarios e xestores de montes na toma de decisións necesarias para acadar un bo uso e conservación dos recursos forestais.

A Asociación Forestal de Galicia é pioneira na realización e promoción de proxectos de ordenación; o primeiro proxecto inscrito no rexistro oficial de montes ordenados corresponde a un socio da AFG e foi feito en 1990 por enxeñeiros da casa. Na actualidade, a empresa da AFG, SELGA SL, dedicada á prestación de servizos aos socios da AFG, conta cunha unidade de enxeñería forestal e xestión de montes que, entre outras actividades, elabora e redacta todo tipo de documentos de planificación. Unha boa planificación permitirá ao propietario forestal obter unhas rendas dinerarias periódicas á vez que se maximizan os beneficios ambientais, sociais e culturais do monte. Esta planificación plásmase nun documento de xestión que pode ter distinta categoría segundo as características do monte.

En Galicia un gran número de montes xa contan cun plan de xestión. Son principalmente montes veciñais en man común, aínda que moitos propietarios particulares iniciaron desde hai uns tres anos a planificación dos seus montes. Contar cun instrumento de xestión permite ao propietario ou xestor acceder doadamente ao sistema de certificación forestal PEFC así como obter vantaxes na obtención de axudas.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es