A incidencia de Heterobasidion annosum en poboamentos de Pinus pinaster no noroeste da Península Ibérica
Francisco J. Fernández de Ana Magán Investigador-Xefe da Sección de Patoloxía do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán
|
Heterobasidion annosum (Fr.) é un fungo patóxeno causante dunha podremia branca en raíz e cerne dun gran número de especies arbóreas e algunhas arbustivas, que está amplamente espallado por todo o hemisferio norte.
O ataque deste patóxeno é moi coñecido e está identificado nunhas 100 especies de anxiospermas e en 126 ximnospermas (entre elas distintas especies de Abies, Juniperus, Larix, Picea, Pinus, Pseudotsuga e Tsuga) nas que causa os maiores danos. Os síntomas que produce esta doenza na planta afectada non son de diagnóstico doado, con excepción da podremia branca do cerne cando o mal xa está moi avanzado. Coñécense dúas formas específicas para este patóxeno: o tipo-p e o tipo-s. O tipo-p ataca principalmente aos piñeiros, cedros e caducifolias de madeira dura. O tipo-s ataca Pseudotsuga e outras coníferas. |