Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 44

Valoración do crecemento e do estado nutricional en repoboacións recentes de castiñeiro en Galicia



Germán Torres, Hugo Vázquez, Pedro Álvarez, Roque Rodríguez e Agustín Merino
Departamentos de Produción Vexetal e Edafoloxía e Química Agrícola, Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela

A Escola Politécnica de Lugo realizou un estudo en máis de 100 repoboacións recentes de castiñeiro espalladas pola xeografía de Galicia. O traballo avalía os crecementos e o estado nutricional de plantacións establecidas sobre terreos agrícolas e forestais. Do mesmo xeito, valórase a incidencia de diferentes prácticas silvícolas, como son o control da vexetación accesoria ou a fertilización. Os resultados do estudo proporcionan unha información aplicábel para mellorar a xestión destas plantacións na nosa Comunidade.

Desenvolvemento do estudo

O estudo comprendeu 106 masas novas de castiñeiro do país (Castanea sativa) e castaño híbrido (Castanea x coudercii) con idades de ata 16 anos e destinadas, preferentemente, á produción de madeira. As masas seleccionadas estaban establecidas sobre antigos terreos agrícolas ou forestais e cubrían un amplo rango de condicións edáficas (material xeolóxico, profundidade, fertilidade) e prácticas silvícolas (podas, control da vexetación e fertilización, principalmente). En todas elas se mediron as taxas de crecemento e se avaliou o estado nutricional, mediante análises de solos e follas.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es