Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 43

A Biblioteca da Asociación Forestal de Galicia



Gustavo Hervella García
Documentalista e bibliotecario da AFG

Entre os servizos que ofrece a AFG aos seus socios está o da consulta e préstamo de libros, revistas e informes específicos sobre temática forestal. Para facilitar e extender esta prestación, procedeuse á catalogación e recensión das obras existentes na AFG desde a súa constitución no ano 1986. Este labor completouse co deseño dun servizo de búsqueda na páxina web da asociación —www.asociacionforestal.org— mediante o que os interesados poden coñecer os títulos, autores e contido temático de cada unha das publicacións existentes na biblioteca. Como é inherente a calquera centro de documentación, os fondos complétanse mediante a compra, doazón ou intercambio científico con outras institucions forestais do Estado.

A ordenación e clasificación dos fondos bibliográficos e de publicacións periódicas, así como a súa inclusión na web levouse a cabo grazas ao Convenio de Colaboración asinado entre a AFG e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e seguindo as normas bibliográficas internacionais.

Os fondos dos que se dispón son variados, sempre atendendo á temática forestal directamente, ou de xeito colateral a ela. En primeiro lugar, temos que facer referencia ao de libros, dispoñendo de novecentos exemplares. Está formado por todas aquelas publicacións que están recoñecidas como tales, con depósito legal e ISBN. Á parte, tamén están incorporados a este fondo aqueles estudos que, pola súa relevancia temática, poden ser susceptibles de seren solicitados polos usuarios da biblioteca; é o caso de teses e tesiñas inéditas, tanto de universidades españolas como europeas ou traballos de campo levados a cabo por persoal da AFG.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es