Mercado da madeira en Galicia
Xosé Covelo Míguez Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga
|
Flutuacións no prezo do eucalipto para pasta de papel e incerteza a medio prazo. A baixada na cotización global da pasta de papel é o argumento empregado pola industria para xustificar unha serie de encadenamentos de baixadas do prezo do eucalipto.
Se no mes de abril se producía unha baixada de 1 €/t, en xullo produciuse unha nova baixada de 1 €/t. Así pois, o mercado penalizou no primeiro semestre de 2016 en 2 €/t o valor da madeira de eucalipto para pasta, tanto en Eucalyptus globulus como en Eucalyptus nitens.
Despois desta baixada, o prezo de E. globulus e de E. nitens mantívose durante un mes para no mes de setembro baixar de novo 1 €/t. Esta baixada de momento non foi aplicada aos convenios de Ence coas asociacións de propietarios, e en casos de lotes de grandes volumes, 5.000 t ou máis toneladas, sempre cabe a posibilidade de melloras do prezo.
En todo caso, apréciase unha forte incerteza no mercado e non cabe descartar unha nova baixada do prezo do eucalipto para pasta de cara a principios do ano 2017. Inda que a evolución da cotización do dólar podería atenuar a baixada ou mesmo evitala.
A diferenza do prezo existente entre Eucalyptus nitens e Eucalyptus globulus mantense, e algunas das industrias consumidoras aumentouna en prexuízo de E. nitens. |