COSE fai balance da súa xestión en 2016
|
O día a día de COSE -Confederación de Organizacións de Silvicultores de España- é traballar por estimular a incorporación de novos propietarios privados ás asociacións forestais territoriais que a integran e animalos a xestionar o seu monte. Quen pode xestionar un monte é quen coñece ese territorio; sabe mellor que ninguén o que ten entre mans.
Non hai dúbida de que o territorio se conserva como está grazas ás persoas que permanecen e actúan nel. Obter recursos económicos é esencial para manter ese territorio, por iso un dos retos de COSE é poñer en valor todos os recursos do monte para rendibilizar a xestión que os seus propietarios realizan e evitar o seu abandono, cuxas consecuencias se traducen en perda de riqueza e risco para a biodiversidade.
Con esta finalidade, COSE segue impulsando a iniciativa LandsCare de pagos por servizos ambientais que serve para facer visible o labor de coidado dos propietarios nas masas forestais, e achegar esta realidade á sociedade para facela máis consciente de que a paisaxe que gozan ou os beneficios ambientais que reciben supoñen un esforzo, tanto económico como de responsabilidade, que non sempre é compensado.
Simultaneamente está desenvolvendo o proxecto MicoPlus -Conservación e uso sostible do recurso micolóxico como fonte de riqueza-, para mellorar as relacións entre o mundo rural e urbano recoñecendo que os cogomelos teñen dono e que a súa recolección ten que estar controlada. |