A Asociación Forestal de Galicia participa nun novo proxecto internacional sobre formación en xestión forestal sostible
|
A Asociación Forestal de Galicia, vén de participar o pasado mes de outubro en Soria, na reunión de inicio do proxecto FOREST-IN: Información innovadora e formativa para a xestión forestal sostible, aprobado no pasado mes de xullo e liderado polo Departamento de Bioloxía da Universidade de Aveiro (Portugal).
O proxecto FOREST-IN vaise centrar na educación forestal de todos os axentes da cadea forestal desde os propietarios e técnicos forestais ata os grandes xestores.
Conta cun financiamento de máis de 320.000 euros de fondos europeos Erasmus+ e terá unha duración de tres anos.
Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude o deporte para o período 2014- 2020. Este programa trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento
persoal, ademais de axudar aos sistemas de educación, formación e xuventude a proporcionar un ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura. |