José Manuel Prieto Santos
Presidente da CMVMC de San Cibrán de Ribarteme (As Neves)
|
O monte veciñal en man común de San Cibrán de Ribarteme localízase na comarca do Condado-Paradanta, ao sur da provincia de Pontevedra. Desde as súas ladeiras divísase o río Miño e a veciña Portugal. Sempre foi un monte ben coidado polas súas xuntas reitoras, que se esforzaron por investir para melloralo, a pesar dos devastadores incendios que sufriu ao longo dos anos.
José Manuel Prieto Santos, capitán de barco xubilado, é presidente da Comunidade desde o ano 2006. Habituado ás inclemencias e duras condicións do traballo no mar, afronta con serenidade pero con certa desilusión a reconstrución, unha vez máis, dunhas masas forestais que foron modélicas na comarca. |