Eleccións á Xunta de Goberno da Asociación Forestal de Galicia
|
Opasado sábado 11 de decembro de 2004 celebrouse no Salón de Actos da Fundación
Caixa Galicia en Santiago de Compostela, a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación
Forestal de Galicia na que se elixíu a Xunta de Goberno que gobernará a Asociación nos vindeiros catro anos. A Asemblea estivo presidida polo Presidente de Honor da AFG, D. Fernando Molina Rodríguez e nela elixíronse os dez membros da nova Xunta de Goberno. A candidatura encabezada por Francisco Fernández de Ana Magán resultou elixida por maioría absoluta dos socios que exerceron o seu dereito a voto, quedando a composición da nova Xunta da seguinte maneira:
❚ Presidente: Francisco J. Fernández de Ana Magán
❚ Vicepresidente de Relacións Institucionais: Antonio Rigueiro Rodríguez
❚ Vicepresidenta de Montes Particulares: María del Carmen López Leyro
❚ Vicepresidente de Montes Veciñais: José Luis Campos Represas
❚ Vocais de Montes Particulares: José Luis Corral Rey; Celsa Sánchez Vázquez; Manuel Martín Souto Castro
❚ Vocais de Montes Veciñais: Serafín González Fraiz; Jesús Rodríguez Álvarez; Salvador Rodríguez Groba
O Sr. Fernández de Ana Magán sucede no cargo a Xosé Represas Giráldez que exerceu a presidencia da AFG durante os últimos catro anos. O novo Presidente no seu discurso ante a Asemblea manifestou a vontade da nova Xunta de continuar o labor exercido polos seus antecesores e, á súa vez, presentou os obxectivos extratéxicos a levar a cabo nos vindeiros catro anos. |