A poda de Pinus radiata e a súa incidencia no azulado da madeira causado polo fungo Sphaeropsis sapinea
Francisco J. Fernández de Ana Magán Investigador-Xefe da Sección de Fitopatoloxía do C
|
A poda nas especies de crecemento rápido é unha técnica silvícola cuxo obxectivo principal é evitar a presenza de nós na madeira. Na actualidade emprégase antes de
que as árbores alcancen un diámetro de 12 cm nos seus verticilos (parte do tronco onde
se insertan as ramas). O seu resultado incide de forma directa na calidade futura da
madeira e polo tanto no prezo de venda da mesma. Unha planta ben podada a tempo
permitirá o uso da súa madeira para a produción de chapa plana ou de desenrolo ou para o aserrado en táboa e táboa grande de primeira calidade. A diferenza obtida entre o prezo dun tipo de madeira ou outro debe xustificar o custo elevado destes labores de poda.
A poda de ramas vivas é un labor traumático que afecta de forma importante á fisioloxía
da planta e que lle pode plantexar problemas de tipo sanitario. Téñense observado danos por azulado nalgunhas plantacións podadas deste piñeiro e son atribuídas a un
fungo patóxeno (Sphaeropsis sapinea) que se introduce na madeira a través da ferida.
Este problema adquire graves consecuencias, xa que se destrúe o valor futuro da madeira, para o que precisamente podamos. Non só gastamos máis diñeiro en realizar unha operación silvícola, senon que destruímos o valor da planta ao facilitarlle a entrada do fungo causante do azulado. |