Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 59

A resinación e as súas posibilidades de encaixe nos piñeirais de Galicia



Enrique Martínez Chamorro
Doutor enxeñeiro de Montes Centro de Investigación Forestal de Lourizán Consellería do Medio Rural

As posibilidades de resinación do piñeiro do pais (Pinus pinaster Ait.) en Galicia, xa foron obxecto de estudo a través de diferentes ensaios durante as décadas dos 50, 60 e 70, aínda que moitos forestais descoñezan estes traballos.
Hoxe estamos a vivir unha conxuntura internacional que fai posible e viable que a resinación en Galicia sexa un aproveitamento compatible coa produción de madeira ou biomasa, sempre e cando se cree un sector e se atopen os métodos e sistemas de resinación que se adapten mellor ás peculiaridades do medio forestal galego.

A situación actual da resina a escala mundial. A produción mundial de resina oscila na actualidade entre 800.000 e un millón de toneladas por ano. China fíxose co mercado mundial a partir dos anos 80, acaparando o 80% da produción, ata que no 2010 se produciu unha grave crise de abastecemento no mercado global, motivada pola propia China que baixou o ritmo das súas exportacións, debido fundamentalmente á caída da produción nacional, motivada pola perda de man de obra no campo, ó incremento dos custos salariais, e ás malas prácticas e planificacións dos seus aproveitamentos resineiros que sobre explotaron, en moitos casos, o seu patrimonio forestal.
Tendo en conta o anterior, que Europa é, cun 30%, o primeiro consumidor mundial da produción e que as resinas naturais son cada vez máis demandadas como substitutivo dos derivados do petróleo para a fabricación de multitude de produtos (dende os fixadores de aromas ata as pinturas de sinalización das estradas), fainos pensar que a crise da resina a nivel mundial non é só conxuntural e que a demanda e os prezos van seguir en aumento.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es