José Oca Pena, propietario forestal en Mañón
|
José Oca Pena é propietario forestal no concello de Mañón. Posúe ao redor de 10 ha de
monte en parcelas de pequeno tamaño plantadas con coníferas, castiñeiro e eucaliptos.
O concello de Mañón está situado ao norte da provincia da Coruña servindo de límite coa
provincia de Lugo a través do río Sor, cunha configuración alongada de 27 km de longo por 3
de ancho e unha orografía moi accidentada. Ao redor do 44% da superficie municipal é
forestal arborada (3.700 ha), a maior parte de montes de particulares, só existen tres
comunidades de montes veciñais en man común.
–¿Cal é a orixe das propiedades forestais que
xestiona?
Na súa meirande parte son herdanza da miña familia
(pais e tíos) e logo hai unha parte que fun comprando
eu pouco a pouco, sempre que había algún
estremeiro interesado en vender. Todo o que comprei
foi por estrema dalgunha parcela que xa era
miña para poder ir facendo parcelas de maior tamaño.
Aquí en Mañón temos moito minifundio. Na década
dos 80 tivemos ocasión de facer a concentración
parcelaria pero os veciños non quixeron e perdemos
unha gran oportunidade.
–¿Daquela, que solución lle ve vostede a este
atranco?
Solución non ten, pero para solucionar, poñamos,
un 70% dos casos, había que fomentar as permutas
se o custo non fora tan elevado. Pero é que hoxe en
día custa máis unha permuta ca o prezo do terreo;
a Consellería de Facenda aplica unhas valoracións
estratosféricas das parcelas, aquí en Mañón manexan
cifras que van desde os 0,77 €/m2 ata 1,78 €/m2
e así non hai quen permute. Aplícanlle os mesmos
valores cás compravendas, que xa están moi penalizadas.
A xente só as fai se un terreo lle entra dentro
da casa, se non, xa non o fai. ¿Quen vai pagar 8 ou
18 mil euros por unha hectárea de terreo forestal ou
agrario na montaña de Mañón? |