Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 59

O uso público socio-recreativo dos montes privados e a súa compatiblidade coa actividade forestal



Daniel Rodríguez Cebreiro e Julio Ruiz Cagigal
Asociación Forestal de Galicia

Nos últimos anos aconteceron nos montes galegos accidentes relacionados coa práctica do deporte, algúns moi graves, que puxeron sobre a mesa a necesidade de traballar na procura dun escenario que limite, na medida do posible, os riscos que poida ter a práctica do deporte no monte. Neste artigo analízase a normativa existente en relación co uso do monte para que poida servir de información de base para abrir vías de diálogo que permitan compatibilizar a xestión forestal que un monte necesita coa práctica deportiva no mesmo.

En Galicia, case a totalidade da superficie de monte é privada. Os montes poden ser públicos ou privados. No resto de España, unha parte importante dos montes son públicos, normalmente pertencen ás entidades municipais onde se sitúan. Non acontece o mesmo en Galicia, onde a práctica totalidade dos montes son privados. Entre estes atópanse os montes veciñais en man común, que pertencen colectivamente ás respectivas comunidades veciñais e son os veciños comuneiros, que viven na entidade de poboación á que o monte estea asignado, os únicos propietarios dese monte veciñal.

O dereito á propiedade privada recoñécese na Constitución Española polo recoñecemento da función social da propiedade. Tamén se recoñece na Constitución, certo é, o dereito das persoas ao libre tránsito. Estes dous dereitos conviven nun equilibrio que ás veces tórnase inestable, sobre todo cando se está a falar de espazos abertos, como pode ser o monte. En consecuencia, e ante unha posible confrontación de dereitos, é necesario chegar a un consenso sobre o acceso público aos montes.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es