Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 59

Novidades fiscais para os propietarios forestais

A Xunta de Galicia acepta as reivindicacións dos propietarios de montes




A Xunta de Galicia no mes de decembro pasado aprobou unha importante disposición que lle permite aos propietarios de montes beneficiarse de desgravacións no Imposto sobre sucesións e doazóns e no de transmisións patrimoniais onerosas e actos xurídicos documentados. A redución da cota do imposto para as operación que afecten aos terreos rústicos é do 100%. Quere isto dicir que se exime dos citados impostos as vendas de montes ou terreos forestais así como as transmisións que teñan a cualificación de solo rústico (terreos agrícolas e forestais que non se vexan afectados por ningunha das excepcións que contempla a lei). Por outra parte, tamén se modificou o Imposto sobre sucesións e doazóns, de maneira que as transmisións hereditarias de propiedades forestais teñen unha desgravación do 100% da cota do imposto para aquelas transmisións que non superen 400.000 euros.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es