Enerxía solar en Galicia
Elena Salgado Paz Enxeñeira Técnica Forestal
|
O sol é unha fonte inesgotable de enerxía e a orixe da maioría das enerxías renovables xa que induce o movemento do vento (enerxía eólica), da auga (enerxía hidráulica) e o crecemento da vexetación (biomasa). A enerxía solar é limpa, inesgotable e tan abondosa que a cantidade que recibe a Terra en 30 minutos equivale á enerxía eléctrica que consume a humanidade nun ano. Ademais está en pleno desenvolvemento, tanto en Europa como en España, e proba diso é que o noso país situouse como cuarta potencia mundial en producción de enerxía solar fotovoltaica e camiña a un ritmo de crecemento anual do 40%. Segundo datos do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) e da Asociación da Industria Fotovoltaica (ASIF), ocupamos o noveno posto na
producción mundial de placas solares exportando o 90% a máis de 50 países.
A pesar do seu desenvolvemento, a implantación desta enerxía en Galicia é escasa, se cadra debido á idea errónea de que o noso clima non é axeitado para obter rendemento dunha instalación fotovoltaica porque, inda que a insolación
é menor que noutras rexións españolas, superamos amplamente a países como
Alemaña cun notable aproveitamento desta fonte enerxética. |