Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 58

Que vai pasar coa avespa do castiñeiro en Galicia?



Francisco Javier Fernández de Ana Magán
Presidente da AFG
Ex xefe da sección de Fitopatoxía do CIF de Lourizán

A presenza do insecto cinípedo (Dryocosmus kuriphilus) que fai bugallas nas pólas do castiñeiro é a consecuencia da capacidade que ten este insecto chinés de voar e ser transportado en materiais de viveiro ou noutros vectores como poden ser os camións ou mesmo o tren. A súa chegada a Galicia xa era esperada desde que no ano 2005 este insecto arribou a Italia, na provincia de Cuneo, pasou logo por Francia, chegou a Cataluña e hoxe xa está nalgunhas comarcas da provincia de Ourense e Lugo.

A Xunta de Galicia editou un folleto, moi ben feito, no que fai una pormenorizada descrición deste insecto, da súa bioloxía e mesmo do sistema de loita biolóxica con parasitoides como Torymus sinensis. Pola nosa parte non compre que nos paremos a repetir o xa feito.

O que queremos tratar nesta curta referencia é que futuro pode ter o castiñeiro na nosa terra ante ataques como este que se está convertendo nunha pandemia pois xa está presente na case a totalidade da área do castiñeiro (China, Xapón, Corea, Nepal, EE.UU, Francia, Italia, Hungría, Alemaña, Eslovenia, Suíza e España).

A experiencia dos países asiáticos na loita contra este mal é moi importante e pódenos dar una orientación do que pode acontecer no noso territorio nos vindeiros anos. Os danos causados en Italia, Francia e outros países europeos tamén nos encamiñan na estimación deste perigo.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es