Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 41

Novo presidente de COSE






O pasado 18 de setembro celebrouse a Asemblea Xeral de COSE onde se elixiu a Francisco Rovira Corominas como novo Presidente que substitúe a Nicasio Guardia Jiménez, que era Presidente dende a fundación de COSE en 1992 e que agora foi nomeado Presidente de Honor. Francisco Rovira é o Presidente do Consorci Forestal de Catalunya e como tal viña ocupando a Vicepresidencia de COSE xunto con Xosé Represas Giráldez como Presidente da Asociación Forestal de Galicia. Asemade é o Xerente do Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña centro que se dedica á investigación aplicada e á formación no ámbito forestal. COSE engloba neste momento a practicamente tódalas organizacións de propietarios forestais españolas e entre os seus obxectivos máis importantes agora mesmo está a implantación do sistema PEFC de certificación forestal en España.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es