Ramón Abuín Gómez
Secretario da CMVMC de Balouta e Fontecova (Dodro)
|
Ramón Abuín Gómez é secretario da CMVMC de Balouta e Fontecova desde o ano 1990. A comunidade conta con 470 comuneiros e o monte veciñal abrangue 615 hectáreas. A masa forestal está dominada polo piñeiro do país, conformando unha das mellores masas desta especie da provincia da Coruña. Conta tamén cunha pequena porción de Eucalyptus globulus, e mouteiras de Pinus radiata e frondosas.
O monte foi clasificado en 1979 xunto co veciño de Cruz de Avelán que en 1998 se segregou da CMVM das Tres Parroquias de Dodro da que formaba parte xunto con Balouta e Fontecova. O monte veciñal das tres parroquias de Dodro ocupa o 41,5% da superficie municipal.
|