A legalización das parcelas forestais: un problema pendente de solución
Julio Ruiz Cagigal Enxeñeiro técnico forestal da Asociación Forestal de Galicia
|
En España, pero singularmente en Galicia, un dos problemas fundamentais dos montes é o derivado da incerteza xurídica da delimitación das propiedades. Este problema conduce a unha multiplicación dos litixios polos conflitos de lindeiros, tanto entre propiedades particulares como entre montes veciñais en man común ou entre montes veciñais e propiedades particulares. O caos documental ao que hai que enfrontarse para dilucidar os verdadeiros límites, supón para os propietarios un severo desgaste anímico e, moitas veces, un custo económico inasumible.
A falta de seguridade xurídica na delimitación das propiedades forestais únese a outros problemas estruturais que dificultan o desenvolvemento rural e contribúe ao seu abandono.
|