Mercado da madeira en
Galicia
Xosé Covelo Míguez Xerente da unidade de comercialización de madeira de Selga
|
Eucalipto. Parálise no sector. Despois dun período
de relativa estabilidade no mercado do eucalipto
para pasta de papel, que abrangue aproximadamente
os dous últimos anos, e no que as flutuacións
nos prezos da madeira de eucalipto viñan
dados basicamente pola progresiva implantación
da certificación forestal, no mes de abril, as principais
pasteiras que operan en Galicia (Ence, Portucel
e Celbi) decidiron aplicar aos seus subministradores
unha baixada de 3,5 euros por tonelada. Fóra
desta baixada quedan algunhas pasteiras con escasa
presenza en Galicia.
A baixada do prezo da pasta de papel, cuxo descenso
desde o verán pasado ata a actualidade foi de
aproximadamente 14%, é a xustificación dada
polas pasteiras para avalar esta baixada. Ence, pola
súa parte, engade como causa adicional a redución
das primas á xeración de enerxía eléctrica con
madeira (coxeneración) aplicada polo Ministerio
de Industria.
Por outra banda os rematantes denuncian a
escasa marxe de preaviso para poder dar saída ás
vendas xa asinadas cos anteriores prezos e os propietarios
volven ver como despois de esforzos para
mellorar a xestión forestal no monte, e en concreto
o importante esforzo realizado en certificación
forestal, unha baixada no prezo da madeira de eucalipto
retrotrae o mercado a valores do ano 2010. |