O problema actual dos incendios forestais en Galicia
Edita: Asociación Forestal de Galicia
Ano: 2014
Este informe expón unha análise dos
últimos vinte e cinco anos do problema dos
incendios forestais en Galicia. Preséntase
un percorrido polos feitos políticos máis
determinantes deste período, recolle unha
serie de reflexións desde a perspectiva dos
propietarios forestais sobre os principais
aspectos que inciden na situación actual
dos incendios forestais en Galicia e
realízanse propostas de mellora dirixidas a
diminuír o risco de incendios forestais e a
facer máis eficientes os recursos dedicados
ao seu control.
Este documento está dispoñible na páxina
web da AFG. |