Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 57

A plantación



Braulio Molina Martínez e Cristina Verde Figueiras


A época de plantación. A mellor época de plantación para plantas a raíz núa é desde mediados de decembro ata finais de marzo. Convén que sexa un mes antes do agromado das follas. No caso de plantas en contedor pódense instalar desde outubro ata mediados de abril. Dependendo da dispoñibilidade de auga no solo, os piñeiros e eucaliptos en contedor pódense plantar ata ben entrada a primavera.
Canto ás sementeiras convén facelas ao inicio da primavera, o ideal sería facelas xusto no momento antes de que comecen a xermolar e co tratamento previo físico e/ou químico axeitado para que xermolen rápido e os animais non teñan tempo de comer a semente. O momento vai depender do sitio, do clima e do lugar onde se vaia facer a sementeira.

A plantación. Á hora de plantar cómpre ter en conta que a planta debe enterrarse xusto ata o colo da raíz, xa que se se enterra o talo provócanse podremias, inda que no momento da plantación convén que queden 2 ou 3 cm máis de terra que se fundirán cando se compacte a terra coa chuvia. A planta débese enterrar ata o colo da raíz. que se fundirán cando se compacte a terra coa chuvia.
A planta deberá dispoñerse no burato ou no suco do subsolado dereita e coas raíces ben estiradas, sen enrolamentos, é aconsellable que se se emprega planta a raíz a núa, se lle corten un pouco as raíces antes de plantala (repicar).

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es