Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 57

XXVIII Asemblea Xeral da Asociación Forestal de Galicia. O Rosal, 17 de maio de 2014






A Asociación Forestal de Galicia celebrou o sábado 17 de maio no Auditorio Municipal de O Rosal a súa XXVIII Asemblea Xeral anual, á que acudiron propietarios de montes e representantes de comunidades de montes veciñais en man común de toda Galicia. O acto de apertura foi presidido polo alcalde do Rosal, Jesús Fernández Portela.

Ademais de aprobar o informe económico e o informe de actividades do ano 2013, a asemblea analizou en profundidade varios temas de gran calado na silvicultura galega actual: a política de control dos incendios forestais, as normativas que están a provocar graves distorsións e problemas na actividade forestal, o mercado da madeira e o desenvolvemento da biomasa con fins térmicos.

A situación dos incendios forestais. Presentouse o Informe sobre a situación dos incendios forestais que acaba de editar a AFG e no que se fai o diagnóstico do problema desde a perspectiva dos propietarios forestais galegos. Os silvicultores galegos queren iniciar un debate aberto para elaborar unha política compartida polos principais axentes do sector e as institucións involucradas e apoiada pola sociedade galega. No informe formúlanse propostas de mellora encamiñadas a diminuír o risco de incendios forestais e a facer máis eficientes os recursos dedicados ao control dos incendios forestais.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es