Asociación Forestal de Galicia          

 

Artigo
Revista O Monte Nº 57

A certificación forestal



Daniel Rodríguez Cebreiro
Secretario técnico XFS Selga

A certificación en Galicia estase a impoñer de xeito definitivo. O mercado require que a madeira que saia ao mesmo vaia con tódalas garantías necesarias que aseguren que proceden de montes xestionados de xeito sostible. Os dous certificados máis importantes do mundo (PEFC e FSC) están avanzando de xeito constante no monte galego. O segundo con certo retraso debido a que ata hai pouco era practicamente inviable certificar baixo ese estándar por resultar demasiado caro. Esa madeira certificada é recoñecida no mercado e, polo tanto, dá garantías ao consumidor final (aquel que merca o papel, o moble, o cartón...) de que esas cortas non producen deforestación e non teñen unha repercusión negativa no entorno senón que todo o contrario, contribúen a dar valor ao noso entorno rural. Pero ata chegar ao momento actual, o camiño foi longo.

Unha aposta dende o primeiro momento. Entre os anos 2002 e 2003 a Asociación Forestal de Galicia agrupa a expertos de diferentes áreas para elaborar un diagnóstico do monte galego segundo os criterios de xestión forestal sostible. Este diagnóstico (publicado posteriormente) pretendía ser unha guía para a entrada definitiva dos sistemas de certificación forestal en Galicia xa que o retraso na implantación de ditos sistemas provocaba que a madeira galega non puidese competir en igualdade de condicións con outras madeiras de terceiros países con traxectorias máis avanzadas nos procesos de certificación.

Búsqueda de artigos

- Todos os artigos
- Buscar artigos que conteñan:








Asociación Forestal de Galicia. Rúa do Vilar, nº 33, 1º. 15705 Santiago de Compostela. C-electrónico: asforgal@iies.es