Usos forestais nos espazos protexidos
segundo o Plan Director da Rede
Natura 2000 en Galicia
|
O 27 de marzo publicouse no Diario Oficial
de Galicia o Decreto 37/2014, do 27 de marzo,
polo que se declaran zonas especiais de conservación
os lugares de importancia comunitaria de
Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura
2000 de Galicia.
Neste decreto, entre outras cousas, establécense
as normas de xestión dos espazos protexidos en
Galicia que se resumen a continuación.
Cómpre resaltar que o Plan Director contempla,
a proposta da Asociación Forestal de Galicia, que a
produción de madeira nos montes xa arborizados
con especies alóctonas ou autóctonas cultivadas,
pode continuar facéndose, mantendo a mesma
especie ou modificándoa se así o prevé o instrumento
de ordenación e de xestión forestal aprobado.
Usos permitidos
Están permitidos todos os usos e aproveitamentos
forestais recollidos nos correspondentes proxectos
de ordenación, documento simple de xestión ou
documento compartido de xestión que comprendan
áreas incluídas no ámbito territorial deste
decreto, que recibisen informe favorable do órgano
autonómico competente en materia de conservación
da natureza.
Tamén están permitidas aquelas actividades de
carácter tradicional vinculadas coas explotacións
forestais existentes no espazo protexido: |