Regulación dos aproveitamentos forestais
|
O 7 de maio pasado publicouse no DOGA o Decreto 50/2014, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada. A súa entrada en vigor o 27 de maio suporá unhas novas condicións á hora da realización de traballos de corta e aproveitamentos nos montes.
Aproveitamentos madeireiros
Non requirirán ningunha autorización, comunicación previa ou notificación: as cortas de árbores enfermas ou mortas (cortas de policía), as desmestas, as podas e os demais tratamentos silvícolas sen aproveitamento comercial.
Necesitarán autorización: os aproveitamentos madeireiros e leñosos e de cortiza que se produzan en montes ou terreos forestais que non dispoñan de instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado pola Administración forestal ou, dispoñendo del, non se axusten ás súas disposicións. Resolverase nun prazo de quince días, excepto en masas forestais de especies incluídas no anexo I ou que formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección, que será de corenta e cinco días.
As masas que non formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección cunha proporción máxima do 10% de especies do anexo I , poderán tamén ser obxecto de autorización.
|